Menú
  Sala de prensa
  Axenda

A Consellería de Cultura e Educación organiza a Mostra do Ensino 2012

O conselleiro de Cultura e Educación salienta o papel da Mostra do Ensino 2012

Xesús Vázquez anima na TVG a acudir á Mostra do Ensino

A Mostra do Ensino 2012, da Consellería de Cultura e Educación, arranca

O conselleiro de Cultura e Educación salienta na inauguración da Mostra do Ensino 2012 a colaboración da comunidade educativa

As vantaxes da formación profesional en Alemaña expostas no congreso organizado pola Conselleria de Cultura e Educación, na Coruña

A Consellería de Cultura e Educación atrae a colexios de toda Galicia á Mostra do Ensino 2012

Máis de 15.000 estudantes visitaron xa a Mostra do Ensino 2012, organizada pola Consellería de Cultura e Educación na Coruña

Os idiomas ocupan a terceira xornada do congreso da Mostra do Ensino 2012 que organiza a Consellería de Cultura e Educación

A Mostra do Ensino 2012 analiza as vantaxes do Plan de Potenciación das Linguas Estranxeiras posto en marcha pola Consellería de Cultura e Educación

A Consellería de Cultura e Educación supera todas as expectativas de asistencia na Mostra do Ensino 2012

O secretario xeral técnico de Cultura e Educación sinala na Mostra do Ensino 2012 que a Lei de Convivencia reduciu un 5% os conflitos nas aulas

Cultura e Educación destaca na Mostra do Ensino 2012 a importancia de fomentar a diversidade nas aulas

Máis de 30.000 persoas visitaron a Mostra do Ensino 2012 organizada en Coruña pola Consellería de Cultura e Educación

A Consellería de Cultura e Educación organiza a Mostra do Ensino 2012 para ofrecer orientación educativa e profesional á cidadanía galega
Dom, 25/03/2012 - 10:45

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria porá a disposición da cidadanía galega orientación educativa e profesional a través da Mostra do Ensino 2012, un evento que se celebrará no recinto de ExpoCoruña entre os días 11 e 14 de abril, e para cuxo patrocinio a Consellería contará coa colaboración do Concello e a Deputación da Coruña, así como de diversas empresas que veñen colaborando coa administración educativa.

 - Ver máis

O conselleiro de Cultura e Educación salienta o papel da Mostra do Ensino 2012 como unha guía para orientar ao alumnado na decisións sobre o seu futuro académico
Lun, 09/04/2012 - 10:47

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, salientou hoxe o papel da Mostra do Ensino 2012 como guía para orientar ao alumnado nas decisións sobre os estudos que vai cursar, así como para todas aquelas persoas que desexen volver ás aulas para continuar coa súa aprendizaxe ao longo da vida. 

- Ver máis

Xesús Vázquez anima na TVG a acudir á Mostra do Ensino para coñecer a oferta de graos
Lun, 09/04/2012 - 12:07

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez, animou hoxe os alumnos galegos a asistira a Mostra do Ensino Galicia 2012, que se celebrará na Coruña entre o 11 e o 14 de abril, para que se informen sobre a oferta de graos e a utilicen como guía para decidir o seu futuro.

- Ver máis

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria reúne na primeira xornada da Mostra do Ensino 2012 a expertos do eido da Formación Profesional que afondarán no futuro e posibilidades destas ensinanzas, no marco do congreso Formación e competencias na nova sociedade, organizado ao abeiro deste avento.

- Ver máis

O conselleiro de Cultura e Educación salienta na inauguración da Mostra do Ensino 2012 a colaboración da comunidade educativa “que permitiu un descenso do 5,2% da taxa de abandono escolar no que vai de lexislatura”
Mer, 11/04/2012 - 10:30

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, salientou hoxe a colaboración do conxunto da comunidade escolar a prol da mellora da calidade do ensino en Galicia, un esforzo diario que permitiu que a taxa de abandono escolar se teña reducido en Galicia un 5,2% no que vai de lexislatura. No acto de inauguración da Mostra do Ensino 2012, que se desenvolve en ExpoCoruña desde hoxe ata o 14 de abril, o titular do departamento educativo da Xunta de Galicia agradeceu o traballo de docentes, inspectores de educación, equipos directivos e familias, e salientou que “é o labor conxunto de todos a que permite que esteamos a cumprir obxectivos”, como o que se vén de acadar no caso do abandono escolar.

- Ver máis

As vantaxes da formación profesional en Alemaña expostas no congreso organizado pola Conselleria de Cultura e Educación, na Coruña
Mer, 11/04/2012 - 20:30

Na Mostra do Ensino 2012, organizada pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, que hoxe abriu as súas portas, as conferencias do día correron a cargo de Carsten Moser e Dorlies Susanne Radike-Thiel, presidente da Cámara de Comercio de Alemaña para España e a encargada de Educación, Xuventude e Cidadanía no goberno de Berlín respectivamente.

- Ver máis

A Consellería de Cultura e Educación atrae a colexios de toda Galicia á Mostra do Ensino 2012
Xov, 12/04/2012 - 19:17

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria continúa a atraer de forma masiva a estudantes e docentes á Mostra do Ensino 2012, á que asistiron esta mañá como público 45 colexios de toda Galicia. Todos eles participaron activamente nas actividades e obradoiros que se están a desenvolver tanto na aula Abalar, como na de emprendemento e nos stands de Formación Profesional no marco deste evento, que se desenvolve en ExpoCoruña ata o vindeiro sábado.

- Ver máis

Máis de 15.000 estudantes visitaron xa a Mostra do Ensino 2012, organizada pola Consellería de Cultura e Educación na Coruña
Xov, 12/04/2012 - 20:22

Máis de 15.000 estudantes visitaron xa a Mostra do Ensino 2012, organizada pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria na Coruña, e que se desenvolverá ata o vindeiro sábado.  Escolares e profesores procedentes de toda a Comunidade e público en xeral acoden aos obradoiros da Mostra, nos que se amosan os programas educativos que se están a desenvolver nos centros de ensino galego; así como ás conferencias, mesas redondas e que teñen lugar no congreso que se desenvolve de forma paralela á mesma.

- Ver máis

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria converteu hoxe o congreso da Mostra do Ensino 2012, que se celebra ata mañá na Coruña, nun centro para a reflexión e o debate sobre o ensino e aprendizaxe das linguas estranxeiras. Dos relatores que se reuniron na sesión da mañá, o experto en ensinanzas de idiomas Richard Vaughan destacou a importancia do plurilingüismo na nosa sociedade “como elemento enriquecedor para moverse polo mundo do traballo e cultural se falamos de linguas autóctonas, que non se poden perder”.

- Ver máis

Membros da comunidade educativa de centros con seccións bilingües e plurilingües analizaron as vantaxes do Plan de Potenciación das Linguas Estranxeiras, posto en marcha pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no marco do congreso que se está a celebrar na Mostra do Ensino 2012. Na sesión da tarde deste evento, organizado polo departamento que dirixe Xesús Vázquez Abad, docentes e un auxiliar de conversa nativo intercambiaron experiencias e boas prácticas desenvolvidas a partires da aplicación do devandito plan nos seus respectivos centros.

- Ver máis

Unhas 8.000 persoas asistiron á terceira xornada da Mostra do ensino e o Congreso de formación que organiza a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria na cidade da Coruña. Tanto nas conferencias, mesas redondas e asistencia aos obradoiros e as actividades a diario programadas estiveron cheas de público tanto de profesores como de alumnos, respectivamente.

- Ver máis

Na última xornada da Mostra do Ensino 2012, celebrada desde o mércores 11 en Expocoruña ata hoxe, o secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Jesús Oitavén, sinalou que a Lei de Convivencia e Participación da Comunidade Educativa de Galicia contribuíu, en apenas un ano a reducir ao redor dun 5% os conflitos nos centros.

- Ver máis

No último día da Mostra do Ensino 2012, organizada pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria destacouse a importancia de fomentar a diversidade nas aulas como oportunidade de enriquecemento para todas as alumnas e alumnos.

- Ver máis

Desde o pasado mércores, 11 de abril ata hoxe, a Mostra do Ensino 2012 celebrada en Expocoruña e organizada pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria recibiu máis de 30.000 visitantes.

- Ver máis