Menú
  Mostra do Ensino Galicia 2012
  Axenda

Inscrición para centros educativos
Para inscribir o seu centro educativo na "Mostra do ensino 2012", debe acceder ao seguinte formulario.
- Formulario de inscrición

Lembre que só o/a director/ora do centro educativo pode realizar este proceso de inscrición.

Visitas a o concello da A Coruña
O concello de A Coruña ofrece a posibilidade de concertar visitas a diferentes lugares de interese na cidade a través da páxina web www.turismocoruna.com


Asesoramento para novos emprendedores

Se estás a cursar ou cursaches nos últimos anos, ensinanzas nun centro sostido con fondos públicos, queres emprender un proxecto de negocio, precisas dun lugar de traballo e da axuda dun asesor de emprendemento, podes acudir aos viveiros de empresa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, -Rede de viveiros educativos de Galicia-.

Na Mostra do Ensino Galicia 2012, poderás recibir asesoramento individualizado sobre como utilizar os servizos do viveiro e como poñer en marcha a túa propia empresa. Para iso, deberás enviar unha solicitude cos teus datos persoais, indicando a data e a franxa horaria na que desexas ser atendido ou atendida, ao seguinte enderezo electrónico:
fpplus@edu.xunta.es

Esperámoste no posto número 35 "eduemprende", os días 11, 12 e 13 de abril, de 10: 00 a 13:00 horas e de 16:00 a 19:30 e o 14 de abril, de 10: 00 a 13:00 horas.

Gala de Imaxe persoal
O profesorado e o alumnado da familia profesional de imaxe persoal do CIFP Someso, presentarán as liñas e as tendencias para o ano 2012. Colaboran grupo Cebado e o IES de Imaxe e Son.
Día 12 de abril ás 19:00 horas no auditorio do recinto feiral de EXPOCoruña.