Menú
  Mostra do Ensino Galicia 2012
  Axenda

Finalidade
Difundir as posibilidades da educación, da ensinanza e da Formación
Profesional en Galicia, para orientar o alumnado e a sociedade en xeral sobre a
súas oportunidade de promoción no sistema educativo e de inserción laboral.

- Ofrecerlles aos visitantes toda a información sobre a oferta formativa da
formación profesional, programas de cualificación profesional inicial e
ensinanzas deportivas e artísticas da Comunidade Autónoma de Galicia.

- Informar e orientar de modo individual sobre itinerarios formativos, liñas
de bolsas, axudas, premios e residencias para o alumnado.

- Difundir as posibilidades da aprendizaxe permanente, a formación de
adultos e a formación ao longo da vida (formación-emprego-formación).

- Informar sobre o espazo europeo de educación superior, programas
europeos e mobilidades formativas no estranxeiro (Erasmus, Leonardo, ...).

- Destacar as relacións entre os ciclos formativos de grao superior e a
universidade (acceso e recoñecemento de créditos).

- Coñecer as ensinanzas máis demandadas polos sectores produtivos de
Galicia.

- Destacar a importancia da cultura do emprendemento no noso alumnado.

- Achegar a información sobre o sistema de acceso a ciclos formativos e a
universidade.

- Divulgar o papel da formación profesional na promoción científica e
tecnolóxica de Galicia.

- Difundir as posibilidades que ofrece a Rede de Centros Integrados de
Formación Profesional, a súa estrutura de funcionamento e o seu
achegamento ás cualificación demandadas polas empresas.

- Dar a coñecer o protagonismo e as oportunidades dos titulados de
formación profesional no mundo laboral, como emprendedores ou como
traballadores, que dan resposta ás novas demandas de profesionais,
enriquecendo o tecido produtivo de Galicia.

- Dar repostas ás familias e ás ANPA sobre as posibilidades educativas e
formativas dos seus fillos/as.

- Expoñer ao profesorado e á sociedade en xeral as posibilidades que pon a
Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria en materia de
idiomas, de TIC (Proxecto Abalar, emprendimiento, innovación educativa....), etc.

- Difundir outras posibles accións da Consellería de Cultura, Educación e
Ordenación Universitaria.