Menú
  Congreso Formación e competencias na nova sociedade
  Axenda

Coincidindo coa Mostra do Ensino Galicia 2012, tivo lugar o congreso Formación e competencias na nova sociedade, dirixido ao profesorado e aos profesionais do ámbito empresarial, no que se abordaron, a través de conferencias e mesas redondas, os novos retos e as innovacións que, en diversas áreas da educación e da formación, se demandan nun mundo globalizado.

O congreso estrutúrase en catro xornadas. As tres primeiras van dirixidas ao profesorado, mentras que a do día 14 é de portas abertas.

Día 11. Formación Profesional
Día 12. Tecnoloxías da información e da comunicación
Día 13. Idiomas
Día 14. Diversidade e familia.
            Xornada de portas abertas, dirixida a sociedade en xeral

O profesorado de centros sostidos con fondos públicos, interesado en participar nesta actividade formativa deberá formalizar a súa inscrición na aplicación FPROFE:
- Aplicación FPROFE

O prazo de inscrición rematou o día 8 de abril. 
Nota: Cubertas as prazas previstas para a inscrición no congreso Formación e Competencias na Nova Sociedade en función da capacidade do espazo onde se celebra-, comunícase que as persoas que se inscribiron a partir das 15:00 horas do día 2 de abril, quedan en lista de espera, e a súa admisión está condicionada a que se produzan renuncias de persoas xa inscritas e admitidas. 

Programa completo do congreso Formación e competencias na nova sociedade
- Galego (actualizada o luns 9/4/12)
- Castelán